Visado

Visado

Todo cidadán de nacionalidade chinesa que desexe vir estudar a España necesita de forma obligatoria un visado para poder entrar no país. Existen varios centros de solicitude de visados en China, e cada solicitante deberá acudir a aquel que lle corresponda segundo a súa residencia e a súa Hukou.

Segundo o curso seleccionado deberase solicitar un visado de turismo (curta duración, máximo 90 días) ou un de estudante (longa duración, máis de 90 días).

Visado#2

Pasos

O visado debe empezar a prepararse con aproximadamente 3 meses de preparación ó comezo da viaxe.

1.Obtén a carta de aceptación e o comprobante de pago do curso (1 ó 2 semanas).

1.1.Cubre a solicitude para estudar un curso de español.

1.2.Paga a taxa da solicitude (Non é reembolsable).

1.3.Recibe a carta de invitación ou de admisión (dependendo do tipo de visado).

1.4.Paga a matrícula (reembolsable en caso de denegación del visado).

2.Reúne a documentación necesaria para a solicitude do visado de turista ou do visado de estudante *(Sobre un mes).

3.Pide cita no Consulado Xeral (visado de estudante) ou centro de solicitude (visado de turista) que che corresponda. O solicitante debe ir en persoa a entregar a documentación.

4.Nun prazo máximo de 30 días avisaranche para acudir ó centro de recollida de visados correspondente. Ás veces é necesario cita previa.

* Unha vez en España, non se pode cambiar o visado.