Qué é Xingfu Galicia

Qué é Xingfu

Xingfu Galicia é una axencia internacional con base en A Coruña (Galicia, España). O noso obxectivo é acoller e axudar ós cidadáns chineses que queren estudar español en España.

Desde a primeira toma de contacto contarás co apoio dun conselleiro especializado que che asistirá durante todo o proceso previo á túa chegada a España. Para garantir unha boa adaptación un amigo de Xingfu acompañarache durante toda a túa estancia.

Ademais poderás acudir a eventos e actividades exclusivos da Comunidade Xingfu Galicia.

O noso equipo

O noso Equipo

Xingfu Galicia conta cun equipo de profesionais chineses e españois que che ofrecerá un trato persoal e especializado.

O noso nome, Xingfu, significa felicidade en chinés, esta é a filosofía que seguimos día a día no noso traballo. Por iso recibirémosche sempre co noso mellor sorriso, esperando contaxiarche a nosa alegría durante a túa estancia en Galicia.

社会责任

Respons. social

Sociedade

Cremos na colaboración entre as persoas para construír unha sociedade mellor. Co noso proxecto queremos favorecer o intercambio cultural entre China e España e contribuír ós lazos de amizade entre os dous países.

Medioambiente

En Xingfu Galicia estamos comprometidos a respectar a nosa contorna, por iso levamos a cabo medidas como: reducir o uso do papel, diminuír a emisión de gases nocivos nos nosos desprazamentos e reciclar os residuos que producimos.

Igualdade

Xingfu Galicia comparte a idea de eliminar calquera tipo de discriminación relativa ó xénero, etnia, idade, orientación sexual, orientación relixiosa e diversidade funcional dentro das súas actividades.